sábado, 3 de enero de 2009

CALENDARIO DEPORTIVO 2009
























Primeiras troitas 2009




Vilagudín 2009




Como o mono empeza a ser preocupante, decidimos ir a Vilagudín. O día prometía, non había vento, choiva miuda por veces, e ao chegar ao encoro, vimos unha morea de troitas (que nos lembraba muxes), tras os primeiros lances, chegan as primeiras capturas.




Espero que esta tempada os nosos ríos estexan en condicións, para non ter que pagar por ir a pescar.






lunes, 15 de diciembre de 2008

ASAMBLEA XERAL

Estimado socio:

Antes de nada, felicitarte nestas datas, e manifestarche o desexo de que o vindeiro ano sexa mellor e se cumpran todolos teus desexos. Tamén quixera comunicarche que o vindeiro día 27 de Decembro, celebraremos unha Asemblea Xeral, no local da Sociedade sito no Café Far O’Estanco do Cancelo – Cabovilaño – A Laracha, as 18:00 en primerira convocatoria e as 18:30 en segunda convocatoria. Sería importante que asitises para poder comprender o funcionamento da Sociedade, así como para aportar ideas e proxectos para o vindeiro ano. Asímesmo, envíovos o resumen de ingresos e gastos de este ano 2008, co fin de que comprendades que a colaboración de todos e imprescindible para que podamos seguir loitando por que se nos escoite e se nos vexa para poder conseguir os nosos fins. Unha Sociedade que no é coñecida, non existe, e polo tanto si non existe, non ten dereito a nada, FARIO xa é coñecida gracias ao traballo realizado este ano, e gracias a vos, os socios.
Comunicarche tamén que o día 31 de decembro as 17:00 horas celebraremos un viño de confraternidade no Café O’Estanco, para despedir este ano de éxitos.

Unha aperta




Suso Vilar
Presidente

Archivo del blog