lunes, 3 de noviembre de 2008

I CURSO DE MICOLOXÍA - FARIO









Os pasados días 25 e 26 de outubro, celebrouse na Laracha o 1º curso de micoloxía, organizado pola nosa sociedade de pesca. O sábado fíxose unha exposición de distintos tipos de setas e unha charla impartida polos nosos micólogos, Tomás Rodríguez e Pablo Cuadrado, que foi moi interesante e na que os que non tiñamos nin idea, saímos de alí con unhas nocións básicas. Destacar a boa participación da xente, tanto na charla como na degustación posterior e na saída que se fixo o domingo a recoller setas.




Gracias aos monitores e aos que se achegaron ata o local, pola vosa participación neste evento que sin lugar a dúbida repetiremos o vindeiro ano.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog