viernes, 27 de junio de 2008

ACTIVIDADES PREVISTAS 2008

ACTIVIDADES PREVISTAS ANO 2008

- CURSO DE LANCE: 9 de febreiro de 2008
- Curso lance mosca Escola de pesca “BAIXO MIÑO” 16 e 17 de febreiro
- En setembro reanudaremos a limpeza do Anllóns así como a construcción de pasarelas para facilitar o seu tránsito.
- I Curso de iniciación á MICOLOXIA – 25 e 26 Outubro
- VISITA AS MESTAS DO NARCEA – 20 de Decembro
- II Curso de Montaxe de Moscas
- CONCURSOS SOCIAIS:

· RIO:
PRIMEIRO
· Lugar: Tramo de Laracha
· Data: 4 de Maio 2008

SEGUNDO
· Lugar: Coto de Verdes
· Data: 15 de Xuño de 2008
CAMPIONATO DE ESPAÑA MOSCA XUVENIL

Do 3 ao 6 de Setembro en Benasque - Huesca
VI OPEN PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
13 e 14 de Setembro en Guitiriz

· MAR:

VERÁN:
· Lugar: Praia de Baldaio
· Data: 2 de Agosto de 2008 (Concurso Nocturno)
2º TROFEO FESTAS DO ROSARIO
5 de Otubro (A Coruña)

INVERNO:
· Lugar: Sen determinar
· Data: 9 de Novembro de 2008 (Concurso Diurno)

CAMPIONATOS PROVINCIAIS:

- RIO:

PROVINCIAL LANCE:
· Lugar: Coto de Ponte Maceira Río Tambre
· Data: 27 de Abril de 2008

PROVINCIAL MOSCA:
· Lugar: Coto de Verdes Río Anllóns (Cambiase ao Río Tambre – Couto de Chaián)
· Data: 1 de Xuño de 2008-01-27 (Cambiouse a data ao 15 de Xuño)


AUTONÓMICO LANCE:

· Lugar: Coto de Ribeira de Piquín Río Eo
· Data: 11 de maio de 2008

AUTONÓMICO MOSCA:

· Lugar: Coto de Cutián Río Lérez
· Data: 15 de Xuño de 2008

· MAR:

PROVINCIAL MAR COSTA:

· Lugar: Praia de Doniños (Ferrol)
· Data: 11 de outubro de 2008

AUTONÓMICO MAR COSTA:

· Lugar: Zona Barbanza
· Data: 8 de novembro de 2008
CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL
3, 4, 5, 6 de Setembro de Benasque - Huesca
OPEN Presidente da Xunta
12, 13, 14 de Setembro en Guitiriz

Couto Vivo 31/5/2008

video

Couto Vivo 22/12/2007

video

sábado, 21 de junio de 2008

PRESENTACIÓN




O pasado mes de Xullo de 2007, nace en A Laracha – A Coruña, unha nova sociedade de pescadores “SOCIEDADE DE PESCA E CONSERVACIÓN DOS RÍOS – FARIO (LARACHA)” .

Entre os seus proxectos están a recuperación do cauce do Anllóns ao seu paso polo Concello de A Laracha, tanto das suas marxes como a limpeza de residuos do cauce, charlas encamiñadas a tomar conciencia dos problemas reais dos nosos ríos, cursos de montaxe, cursos de lance, cursos de entomoloxía aplicada a pesca, cursos de micoloxía e algún que otro concurso social en calquera tramo de río xa que non ten ningún coto adxudicado pola Consellería de Medio Ambiente. Destacar o esforzo dos que, en principio, ian a ser una pandilla de amigos que se xuntaría para intentar botar unha man, sacrificando o seu tempo libre, a recuperar e manter o río que lles viu nacer, a maioría, como pescadores de troitas.
O mellor xeito de inculcar nos xóvenes pescadores (e nos menos xóvenes tamén), os valores dunha pesca responsable, é facéndos coñecer os ecositemas fluviais e a mellor forma e achegándoos ao río, involucrándoos no seu coidado e limpeza, en que para que unha troita habite un curso fluvial, terá que ter un agua en perfecto estado, o que conleva que crezca a vexetación subacuática, o que a sua vez orixina que poidan existir macroinvertebrados, dos cales se alimentará esa troita. Si rompemos esa cadena en cualquiera dos seus pontos ese ecosistema debilitarase, e verase alterado todo o ecosistema.

Durante o tempo empregado na limpeza, entabláronse uns lazos máis fortes entre todolos voluntarios da Sociedade, que eran dez o primeiro día e acabaron sendo 36 na derradeira xornada.
Dicir que en todo momento se estuvo en contacto co Axente Zonal do Servicio de Medio Ambiente, que nos foi guiando no que debíamos e non debíamos facer.

A extracción de residuos levóuse a cabo nun tramo moi corto, xa que ao ir o río moi baixo de caudal e estar en tempo de freza, non vimos axeitado perturbar máis tramodo cauce que aquel que estaba máis saturado de residuos.
Agora mesmo, somos máis de 160 socios e todos con ganas de colaborar coa Sociedade, esperamos que perdure o ansia de cuidar o medio ambiente e as ganas de loitar por él.


Suso Vilar - Presidente http://vilarfly.blogspot.com

Archivo del blog