viernes, 12 de octubre de 2012

Xornadas Micolóxicas 2012

O pasado sábado día 6 de outubro celebráronse as quintas Xornadas Micolóxicas organizadas pola S.P.C.R. FARIO da Laracha, e ainda que non houbo choiva dabondo, as derradeiras augas caidas, foron suficientes para inaugurar esta tempada de cogomelos. Tras a recolección na xornada da mañán, pola tarde tivo lugar a exposición de todos os recollidos, onde se poideron ver cogomelos moi curiosos, dende as Macrolepiotas, Amanitas, Rúsulas e demáis fixeron a súa aparición os Phallus impudicus, con una forma que fai clara referencia ao seu nome, pero cun cheiro moi desagradable.

A xornada rematou sobre as 21:00 horas, e foi notoria a participación deste ano, onde se sumaron novos participantes e onde se contou ademáis dos expertos habituais, coa presencia de José María Traba Velay, experto micólogo e autor de varios libros, que nos deleitou coa súa sabiduría neste campo.

Archivo del blog