jueves, 7 de octubre de 2010

III XORNADAS MICOLÓXICAS


O vindeiro sábado día 30 de outubro, terán lugar as terceiras xornadas micolóxicar organizadas pola nosa Sociedade de Pesca.


Todo aquel que queira asistir, deberá de estar as 8:00 horas no Café Bar O'Estanco de Cabovilaño (A Laracha), dende alí efectuaremos a saida ao monte en diferentes grupos capitaneados, cada un por un monitor expecializado. Sobre as 13:30 faremos unha parada pra comer (os que queiran comer connosco deberano de dicir con atelación co fin de facelas reservas oportunas) e despois faremos a clasificación, charla e degustación no Estanco.


gracias pola vosa colaboración

viernes, 1 de octubre de 2010

III CONCURSO SOCIAL MAR-COSTA


Despois de ter que aprazar o concurso social de Surfcasting, por mor do mar que había que facía imposible poder pescar coas mínimas garantías de seguridade para os pescadores, está convocado o 3º concurso social dende pedra que se celebrará o vindeiro DOMINGO DÍA 17 de outubro na xornada da mañán (as 7:30 horas no Estanco) para rematar as 14:00 horas, as que todolos pescadores deberán de estar de volta para a pesaxe das pezas capturadas.


Archivo del blog