lunes, 15 de diciembre de 2008

ASAMBLEA XERAL

Estimado socio:

Antes de nada, felicitarte nestas datas, e manifestarche o desexo de que o vindeiro ano sexa mellor e se cumpran todolos teus desexos. Tamén quixera comunicarche que o vindeiro día 27 de Decembro, celebraremos unha Asemblea Xeral, no local da Sociedade sito no Café Far O’Estanco do Cancelo – Cabovilaño – A Laracha, as 18:00 en primerira convocatoria e as 18:30 en segunda convocatoria. Sería importante que asitises para poder comprender o funcionamento da Sociedade, así como para aportar ideas e proxectos para o vindeiro ano. Asímesmo, envíovos o resumen de ingresos e gastos de este ano 2008, co fin de que comprendades que a colaboración de todos e imprescindible para que podamos seguir loitando por que se nos escoite e se nos vexa para poder conseguir os nosos fins. Unha Sociedade que no é coñecida, non existe, e polo tanto si non existe, non ten dereito a nada, FARIO xa é coñecida gracias ao traballo realizado este ano, e gracias a vos, os socios.
Comunicarche tamén que o día 31 de decembro as 17:00 horas celebraremos un viño de confraternidade no Café O’Estanco, para despedir este ano de éxitos.

Unha aperta




Suso Vilar
Presidente

Archivo del blog