lunes, 28 de septiembre de 2009

II CURSO DE MICOLOXÍA FARIO


Os vindeiros días 17 e 18 de Outubro celebraremos o II CURSO DE MICOLOXÍA - FARIO.


Durante o día 17 farase unha saída ao monte, co fin de coñecelos sobre o terreo e descubrir o que agochan os nosos montes
Durante o día 18, os monitores darán unha amena charla, de como distinguir os distintos tipos de setas e fungos, así como os efectos nocivos que producen algunhas delas. A continuación terá lugar unha degustación no Café Bar O'Estanco de Cabovilaño - Laracha.

lunes, 21 de septiembre de 2009

Crónica das II XORNADAS DE LIMPEZA NO RÍO ANLLÓNS

A pesar do mal tempo reinante e da choiva caida, os socios de FARIO non dubidaron en continuar as labouras de limpeza do tramo do Río Anllóns, comprendido entre Ponte Formigueiro e Ponte Pereiro. As xornadas continuarán o vindeiro sábado día 26 de setembro, co fin de recuperar un tramo de río moi castigado polo abandono das terras de labor que o rodean, que converten as leiras en campos de silvas e maleza que chegan ata a mesma veira do río.





domingo, 13 de septiembre de 2009

Nova Páxina WEB "CUCHARILLAS EDU"

Compráceme comunicar que un dos nosos patrocinadores "CUCHARILLAS EDU" ven de poñer en marcha a súa páxina web www.cucharillasedu.com, unha páxina completa, que contén dende a historia da pesca con cucharilla, o proceso artesanal EDU, técnicas para pescadores noveles e veteranos, os novos productos e adaptacións de EDU en canto a canas e carretes... en fin unha páxina chea de todas aquelas cousas que a todolos amantes da pesca e do bo facer nos gusta.


Noraboa dende FARIO pola páxina e unha aperta

jueves, 3 de septiembre de 2009

Concursos Sociais Mar 2009

Seguindo co programa de concursos Sociais previstos para este ano, as datas previstas para os que restan son as seguintes:

Social Mar - Surfcasting: 10 de outubro de 2009 - Praia de Baldaio (pola tarde)

Social Mar - Pedra: 1 de novembro de 2009 -Zona libre (pola máñán)

PROVINCIAL MAR - COSTA (21/11/2009)

Clasificados:

Pablo Cuadrado Prado
Manuel Ferreiro Aldao
Francisco Castro Brandón
Eladio Verdía
José Manuel Rodríguez Fernández


Para participar nos concursos sociais e imprescindible estar en posesión da licencia Federativa de este ano e ter aboado a cuota.

Todos aqueles interesados en participar deberán anotarse no Estanco de Cabovilaño ou no teléfono da Sociedade.

Un saúdo

Xornadas de Limpeza 2009

O vindeiro Sábado día 19 de setembro, darán comenzo as xornadas de limpeza e acondicionamento do Río Anllóns ao seu paso polo noso Concello, no tramo comprendido entre a Ponte Formigueiro e Ponte Pereiro, co fin de adxuntalas na memoria anual a presentar en Medio Ambiente co fin de renovar a nosa Sociedade de Pesca como Entidade Colaboradora con Medio ambiente. Todos aqueles que queiran colaborar deberán dirixirse ao Café Bar O'Estanco de Cabovilaño ou ao teléfono da Sociedade.



Moitas gracias pola vosa colaboración

Un saúdo

Archivo del blog