lunes, 29 de marzo de 2010

III CONCURSO SOCIAL - CEBO


O Vindeiro SÁBADO DÍA 24 DE ABRIL celebraremos o 3º Concurso Social de pesca fluvial - cebo.


Serán admitidos todos os socios que teñan a licencia Federativa e a licencia de pesca fluvial en regla. Lembrar que para ter a licencia Federativa e necesario ter paga a cuota correspondente ao ano 2010.


Todos os socios que queiran participar deberán apuntarse no Café Bar O'Estanco ou chamando ao teléfono do Club.


O prazo de inscripción remata o día 16 de abril de 2010.


viernes, 19 de marzo de 2010

LIGA DE CLUBS MAR COSTA 2010

A maioría dos pescadores de praia, leváronse unha sopresa ao atoparse de novo pescando nunha poza. Auga totalmente parada, e os peixes que máis abondaron foron bogas e fanecas bravas. En individuais, o FARIO pescador que acadóu máis alto posto foi Suso Negreira que quedóu na 12ª posición (60 pescadores). E ao final FARIO quedóu en 9ª posición. En fin un bo día de charla cos amigotes e para comer xuntos, pero para pescar.... e mellor o mar.





viernes, 12 de marzo de 2010

NOVA DIRECTIVA DA S.P.C.R. FARIO - LARACHA

Despóis de rematar o prazo de presentación de candidaturas, o pasado venres día 5 de marzo, tomou a dirección da Asociación a seguinte Xunta Directiva:

Presidente: Suso Vilar
Vicepresidente Tino Pazos
Secretario: Luisma Martínez
Tesoureiro: Suso Negreira
Vogais: Ricardo Palleiro
Ricardo Rey
Rubén Barreira


Na Laracha, 12 de marzo de 2010

Archivo del blog