O noso Clube, recibiu dous premios: Un pola súa actividade xeral, e outro polo seu traballo no río Anllóns. Ademáis dous dos nosos deportistas levaron sendos premios pola súa destacada traxectoria no deporte federado da pesca. Noraboa
O sábado día 19 de febreiro tiveron lugar as mesas redondas de montaxe, onde os asistentes se dispuxeron a facer os seus mellores montaxes, tanto de secas, como de afogadas, ninfas... ademáis de ter unha animada tertulia en vivo sobre as esperanzas depositadas na temporada que logo dará comezo.
O sábado día 26 de febreiro, contamos coa presenza de Kike Veiga e Fernando Botana, o primeiro cos seus "peixiños" e Fernando coa súa arte. Todo un luxo.
O pasado sábado día 12 de Febreiro, tivo lugar a primeira das Xornadas de montaxe previstas para este ano: "As miñas moscas favoritas" impartido por Manuel Iglesias, que fixo as delicias dos alí presentes facendo todo tipo de moscas, tanto secas, como afogadas e ninfas.