miércoles, 24 de septiembre de 2008

VI OPEN PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA








Celebrado en Guitiriz - Lugo durante os días 12, 13 e 14 de setembro

Ainda que a organización, foi un verdadeiro desastre, os rapaces acabaron disfrutando dunhas xornadas en convivencia e pesca con outros rapaces das distintaas sociedades de pesca. Os xóvenes de FARIO, estiveron a un máis que aceptable nivel, acadando un 3º posto por David Gonzákez (Cat. Xuvenil), un 4º posto para Adrian Soto, un 6º posto para Adrián Pallas e un 10º posto para Martín Rodríguez. Destacar que o único participante da categoría infantil, Javier Pérez, acadou un máis que meritorio 4º posto.

lunes, 8 de septiembre de 2008

A SELECCIÓN GALEGA XUNVENTUDE CAMPIONA DE ESPAÑA





A Selección Galega de Pesca a Mosca, composta por MARTÍN RODRÍGUEZ CAMBÓN, David Arcay, Antonio González, Julio Fernández e Andrés Alvarez, ven de proclamarse Campiona de España de Pesca a Mosca no campionato celebrado en Benasque (Huesca) os día 4 e 5 de setembro. Destacar ademáis que David Arcay, proclamouse campión de España na clasificación individual e quedou primeiro no selectivo celebrado o día 6, valedeiro para o próximo campionato do mundo que se celebrará na República Checa.







FELICIDADES A TODOS (en especial ao noso campión)

jueves, 31 de julio de 2008

UN SOCIO NA SELECCION GALEGA






O pasado día 22 de setembro, no couto de Láncara (Río Neira - Lugo), celebrouse o selectivo para a selección galega xuventude para este ano, o socio MARTÍN RODRÍGUEZ CAMBÓN clasificouse para acceder a Selección Galega e así competir no campionato de España que se celebrará o primeiro fin de semana de setembro en Huesca.





Dende FARIO, a máis sinceira noraboa ¡¡¡campión!!!

Archivo del blog