Estimado socio:
Antes de nada, felicitarte nestas datas, e manifestarche o desexo de que o vindeiro ano sexa mellor e se cumpran todolos teus desexos. Tamén quixera comunicarche que o vindeiro día 27 de Decembro, celebraremos unha Asemblea Xeral, no local da Sociedade sito no Café Far O’Estanco do Cancelo – Cabovilaño – A Laracha, as 18:00 en primerira convocatoria e as 18:30 en segunda convocatoria. Sería importante que asitises para poder comprender o funcionamento da Sociedade, así como para aportar ideas e proxectos para o vindeiro ano. Asímesmo, envíovos o resumen de ingresos e gastos de este ano 2008, co fin de que comprendades que a colaboración de todos e imprescindible para que podamos seguir loitando por que se nos escoite e se nos vexa para poder conseguir os nosos fins. Unha Sociedade que no é coñecida, non existe, e polo tanto si non existe, non ten dereito a nada, FARIO xa é coñecida gracias ao traballo realizado este ano, e gracias a vos, os socios.
Comunicarche tamén que o día 31 de decembro as 17:00 horas celebraremos un viño de confraternidade no Café O’Estanco, para despedir este ano de éxitos.
Unha aperta
Suso Vilar
Presidente
lunes, 15 de diciembre de 2008
miércoles, 26 de noviembre de 2008
ÓS RÍOS PRESENTE E FUTURO
O pasado sábado celebrouse en Lugo, unha xornada sobre os nosos ríos, presente e futuro. Nela participou xente como o Dr. Fernando Cobo da U.S.C. e o vicepresidente da sociedade Mestas del Narcea, dándolle ao numeroso público congregado alí, unhas nocións de como está e como debe estar a situación das nosas concas fluviais. Ao final a Federación repartiu galardóns a todolos campións da nosa xeografía galega, alí estaba xente como Sandra de la Fuente, David Arcay, Becerra, Calvete e outros moitos campións, ainda que menos veteráns, como o noso MARTÍN RODRÍGUEZ CAMBÓN. Felicidades a todos por un acto tan ben organizado e tan interesante.










Etiquetas:
Campionatos Oficiais
martes, 18 de noviembre de 2008
“Lampreas e Pesqueiras” por Miguel Piñeiro

NOTA DE PRENSA
EDITORIAL GALAXIA. DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN
Paula García Márquez- 986 432100/ 618 737730
EDITORIAL GALAXIA COMPRÁCESE EN ANUNCIAR A PRESENTACIÓN DO LIBRO
LAMPREAS E PESQUEIRAS
de Miguel Piñeiro
Sábado 22 de novembro, ás 13.00 horas.
Salón Camilo José Cela. Restaurante Chef Rivera, Padrón
O acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, César Portela, Juan José Moralejo, Joaquín España, Chef Rivera e o autor, Miguel Piñeiro.
Xa está á venda o novo libro de Miguel Piñeiro. Lampreas e Pesqueiras, é o quinto traballo do escritor e periodista de Catoira.
Con prólogos dos recoñecidos restauradores Ferrán Adriá e Juan Mari Arzak e con epílogo de Juan José Moralejo, a obra consta de catro partes: unha analítica histórica sobre o paso destas construcións a través dos séculos, un estudio bio-morfolóxico da lamprea, e as técnicas de pesca que se usan na actualidade para a súa captura nos ríos Miño, Ulla e Tea.
A cuarta parte se dedica a un denso receitario no que participaron Pedro Subijana, os restauradores máis representativos da gastronomía galega e o prestixioso gastrónomo Caius Apicius.
O libro se presenta o vindeiro sábado 22 de novembro no Restaurante Chef Rivera de Padrón e contará coa participación do arquitecto César Portela, o Doutor Juan José Moralejo, o perodista e escritor Joaquín España, o restaurador Chef Rivera, o director xeral de Editorial Galaxia Víctor F. Freixanes e o propio autor, Miguel Piñeiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Archivo del blog
-
►
2013
(21)
- ► septiembre (1)
-
►
2012
(32)
- ► septiembre (1)
-
►
2011
(28)
- ► septiembre (1)
-
►
2010
(42)
- ► septiembre (2)
-
►
2009
(57)
- ► septiembre (5)