sábado, 28 de marzo de 2009

CAMPIONATO PROVINCIAL SALMÓNIDOS LANCE

PROGRAMA
07:30.horas Concentración dos participantes no bar CRUCE en Baio ( entrega de documentación, elección do comité de competición, e demáis normas da competición)
09:00 “ Inicio da 1ª manga
11:00 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
11:15 “ Inicio segunda fase
13:15 “ Fin da 1ª manga.
14:00 “ Concentración no Restaurante Parrillada Montreux
16:00 “ Inicio da 2ª manga
18:00 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
18:15 “ Inicio segunda fase
20:15 “ Fin da competición
2O:45 a 21.30 Entrega de plicas no bar CRUCE

Unha vez elaborada e verificada a clasificación. Clausura do campionato, e entrega de trofeos.
O Río estará dividido en 4 sectores partindo da ponte do Mosquetín unha por cada marxe do río. Non se pode vadear o río, só facer a postura e un par de metros augas arriba ou abaixo. (os pescadores, segundo a zona que lles corresponda, poderán iniciar a competición a altura do río que desexen, para o que se poñerán de acordo co seu control).
Nas dúas mangas pescarán de forma alternativa, os pescadores en quendas de 2 horas, con unha marxe de 15 minutos, para facer o cambio.Advertir aos pescadores que veñan provistos de culleriña con un so gancho e sen morte, o mesmo que as plumas, estas últimas só se poden montar 3 no aparello.Pregase que os clubs participantes manden un Delegado ou ben un pescador a maiores, estes pescarán no suposto de que falle algún dos titulares do seu club, ou ben farán tarefas de control por sectores.

jueves, 19 de marzo de 2009

CLAUSURA DOS CURSOS DE LANCE E MONTAXE

O pasado sábado día 14 de marzo, clausuráronse os cursos de lance e montaxe para o ano 2009, nesta xornada contamos coa asistencia de Félix Rodil (Delegado Provincial da Federación Galega de Pesca) e con David Arcay (non creo que necesite presentación).



Gracias pola vosa xenerosidade.

e a pescar......

domingo, 8 de marzo de 2009

Crónica do II Curso de Montaxe de Moscas Artificiais FARIO

O sábado día 7 levouse a cabo o 2º día do curso de montaxe de moscas artificiais (secas, afogadas, ninfas...) onde contamos cos mellores montadores da zona (Laracha, Cerceda, Culleredo, Arteixo....) en fin unha boa panda de artesáns que fixeron as delicias dos alumnos, e onde todos, absolutamente todos marcharon para a casa con unha boa selección de moscas feitas por eles mesmos. O vindeiro sábado rematará o cursillo de montaxe, xunto co curso de lance de cola de rata. Agardamos que a nova tempada sexa por fin, mellor que a anterior e todos poidamos desfrutar da pesca de forma responsable e con "sentidiño"





Unha aperta

Suso Vilar - Presidente

Archivo del blog