domingo, 8 de marzo de 2009

Crónica do II Curso de Montaxe de Moscas Artificiais FARIO

O sábado día 7 levouse a cabo o 2º día do curso de montaxe de moscas artificiais (secas, afogadas, ninfas...) onde contamos cos mellores montadores da zona (Laracha, Cerceda, Culleredo, Arteixo....) en fin unha boa panda de artesáns que fixeron as delicias dos alumnos, e onde todos, absolutamente todos marcharon para a casa con unha boa selección de moscas feitas por eles mesmos. O vindeiro sábado rematará o cursillo de montaxe, xunto co curso de lance de cola de rata. Agardamos que a nova tempada sexa por fin, mellor que a anterior e todos poidamos desfrutar da pesca de forma responsable e con "sentidiño"





Unha aperta

Suso Vilar - Presidente

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog