Está aberta a inscripción ao 2º concurso social de Lance (nas modalicades de cucharilla ou mosca afogada), que terá lugar o vindeiro domingo 3 de maio no couto de Baio (Río Grande). Debido a que somentes hai 16 permisos, faremos unha reunión o venres anterior co fin de sortear a xente que está apuntada (si e que pasan de 16). Este concurso Social está patrocinado por "Cucharillas EDU", ademáis dos nosos patrocinadores habituais CAFE BAR O'ESTANCO e a tenda de articulos de pesca RIOMAR de Carballo. Non esperedes ao último día para apuntarvos do xeito habitual, ao teléfono da Sociedade ou no Estanco....
sorte
jueves, 23 de abril de 2009
lunes, 20 de abril de 2009
CRONICA DO II CONCURSO SOCIAL CEBO - FARIO 2009
O pasado domingo día 19 celebrouse no couto de Verdes - Río Anllóns, o 2º concurso social - cebo da nosa sociedade de pesca. O día amanecía cuberto pola néboa e as espectativas non eran moi boas. Ao longo da xornada da mañán, a neboa comezou a disiparse e saíu o sol. As 14:00 horas e xa de volta no local, os participantes gozaron da tradicional degustación de productos da terra (sólidos e líquidos), e as 16:30, de volta a pescar. A xornada da tarde (con menos pescadores) rematou as 20:30 horas.
Despois das medicións oportunas o ordenador comezou a dalos resultados:
3º posto: Alvaro Martínez Grela (Recolle o premio Suso Negreira)
2º posto: Tino Pazos (O Maestro)
1º posto: Alberto Vicente Casás
Unha vez máis destacar aos participantes, que fixeron que esta dura xornada de pesca se convertise en outro acto onde reinou en todo momento a amistade e o compañeirismo.
Etiquetas:
Campionatos Sociais
martes, 14 de abril de 2009
FARIO, PATROCINADA POR CUCHARILLAS EDU
A nosa Sociedade de Pesca, está de noraboa, pasa a ser patrocinada, aparte de selo polo CAFE BAR O'ESTANCO e RIOMAR, por CUCHARILLAS EDU as mellores cucharillas do mundo, e feitas 100% en Galicia, toda unha honra para nos. Destacar ademáis que patrocina aos nosos pescadores que van a participar no Campionato Provincial Salmónidos Lance, facéndolles entrega do material que van a empregar para ese evento.
Moitas Gracias Edu
Suso Vilar - Presidente
Etiquetas:
Campionatos Sociais
jueves, 9 de abril de 2009
CONCURSO SOCIAL - CEBO 2009
O vindeiro domingo día 19 de abril, terá lugar no couto de Verdes (Río Anllóns), o Concurso Social Cebo de auga dulce da presente temporada. Lembrarvos que, dado que hay un número limitado de coutos para ese día, e convinte que os interesados en participar, vos vaiades anotando dos xeitos habituais: por teléfono ou no Café Bar "O'Estanco" de Cabovilaño - A Laracha. Lembrar tamén que todo aquel que queira participar en calquera dos concursos sociais, debe de ter a licencia de pesca fluvial en regla e ter aboado a cuota de este ano 2009, así como a licencia Federativa.
Resaltar que ese mesmo día terá lugar o Campionato Provincial Salmónidos Lance, no couto de Baio, ao que asistirán aqueles que se clasificaron no social lance da pasada temporada, salvo cambios de última hora estes son os participantes:
- Bernabé Pérez Lago
- Martín Rodríguez Cambón
- Juan Carlos Sánchez Lista
- Francisco Castro Brandón
- José Manuel Rodríguez Fernández
Supl. : José Muñiz Cabeza
Resaltar que ese mesmo día terá lugar o Campionato Provincial Salmónidos Lance, no couto de Baio, ao que asistirán aqueles que se clasificaron no social lance da pasada temporada, salvo cambios de última hora estes son os participantes:
- Bernabé Pérez Lago
- Martín Rodríguez Cambón
- Juan Carlos Sánchez Lista
- Francisco Castro Brandón
- José Manuel Rodríguez Fernández
Supl. : José Muñiz Cabeza
Etiquetas:
Campionatos Sociais
jueves, 2 de abril de 2009
AS TROITAS DE TOMAS
O Sr. Tomás, ademáis de lubinas enormes, tmén pilla troitas enormes, estas son FARIO, do país, pescadas nun dos nosos paraxes galegos.
Noraboa, e por certo, gústame a camiseta.....
Noraboa, e por certo, gústame a camiseta.....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Archivo del blog
-
►
2013
(21)
- ► septiembre (1)
-
►
2012
(32)
- ► septiembre (1)
-
►
2011
(28)
- ► septiembre (1)
-
►
2010
(42)
- ► septiembre (2)