lunes, 20 de abril de 2009

CRONICA DO II CONCURSO SOCIAL CEBO - FARIO 2009

O pasado domingo día 19 celebrouse no couto de Verdes - Río Anllóns, o 2º concurso social - cebo da nosa sociedade de pesca. O día amanecía cuberto pola néboa e as espectativas non eran moi boas. Ao longo da xornada da mañán, a neboa comezou a disiparse e saíu o sol. As 14:00 horas e xa de volta no local, os participantes gozaron da tradicional degustación de productos da terra (sólidos e líquidos), e as 16:30, de volta a pescar. A xornada da tarde (con menos pescadores) rematou as 20:30 horas.




Despois das medicións oportunas o ordenador comezou a dalos resultados:

3º posto: Alvaro Martínez Grela (Recolle o premio Suso Negreira)


2º posto: Tino Pazos (O Maestro)

1º posto: Alberto Vicente Casás



Unha vez máis destacar aos participantes, que fixeron que esta dura xornada de pesca se convertise en outro acto onde reinou en todo momento a amistade e o compañeirismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog