viernes, 30 de abril de 2010
lunes, 26 de abril de 2010
CRÓNICA 3º CONCURSO SOCIAL - CEBO
O pasado sábado día 24 de abril, celebróuse o 3º concurso social na modalidade de cebo, celebrado no Couto de Verdes (Río Anllóns) pola Sociedade de Pesca e Conservación dos Ríos - FARIO de A Laracha. Tras un día non moi apto para a pesca, xa que soplaba un frío vento do Norte que no é moi pescador, os pescadores na primeira manga, xa se queixaban das poucas capturas válidas obtidas. As 14:00 parada a comer na sede do Club (O'Estanco - Cabovilaño) o churrasco preparado por Suso Negreira e as 16:00 volta a pescar. Dende FARIO, agradecer a a colaboración de todolos participantes, que fixeron que non se rexistrase ningunha incidencia e todo transcurrise polos derroteiros habituais.
Os campeóns foron:
1º posto: Alberto Vicente
Os campeóns foron:
1º posto: Alberto Vicente
2º posto: José Manuel Fraga
3º posto: Miguel Angel Regueira
Este e o 3º concurso social no que Alberto Vicente se fai co primeiro posto, dende FARIO agradecerlle a sua paciencia e o seu bo facer aconsellando e ensinando aos que menos sabemos.
Suso Vilar - Presidente
jueves, 22 de abril de 2010
ENTREGA DE CARTAS DE ARTESÁN
O Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago acolleu a presentación de “Artesáns da Pesca”, grupo de dezaseis montadores de moscas e productores de artigos e complementos de pesca.Por iniciativa do Grupo MiguelPesca, estes artistas do torno, da creación e da montaxe de todo tipo de complementos de pesca acadaron a CARTA DE ARTESÁN da XUNTA DE GALICIA e quedaron inscritos no Rexistro Xeral de Artesáns da administración autonómica.
En representación do Presidente da Xunta de Galicia, entregaron as “Cartas de Artesán” a Directora Xeral de Comercio, Dª Nava Castro,O Director Xeral de Conservación da Natureza, D. Ricardo García-Borregón Millán e a Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Dª Elena Fabeiro.Asistíu, así mesmo o Presidente da Asociación Galega de Artesáns Tradicionais, D. Albino Quinteiro, que foi o impulsor e verdadeiro artífice do proceso.O acto foi presentado polo Director de Relacións Externas de El Corte Inglés, José Manuel Blanco que deu paso a que Miguel Piñeiro fixese un percorrido pola memoria que os artesáns presentaron á Comisión Galega de Artesanía.
Os Artesáns que recibiron as credenciais son:
JULIO SEIJAS
ANDRÉS TOUCEDA
OSCAR GAYOSO
SUSO VILAR
FERNANDO COMBA
FRANCISCO PORTO
XAQUÍN L. MUÍÑOS
MIGUEL SEOANE
JORGE RODRÍGUEZ MADERAL
MANUEL GARCIA
ELOY SAAVEDRA
NOELIA GAYOSO
LUIS PIÑEIRO
ALBERTO MERA
JOSE MANUEL BALDONEDO
JUAN JOSE GAYOSO
ANDRÉS TOUCEDA
OSCAR GAYOSO
SUSO VILAR
FERNANDO COMBA
FRANCISCO PORTO
XAQUÍN L. MUÍÑOS
MIGUEL SEOANE
JORGE RODRÍGUEZ MADERAL
MANUEL GARCIA
ELOY SAAVEDRA
NOELIA GAYOSO
LUIS PIÑEIRO
ALBERTO MERA
JOSE MANUEL BALDONEDO
JUAN JOSE GAYOSO
Máis información en : http://www.miguelpesca.com/artesans.htm
jueves, 15 de abril de 2010
Artesáns da pesca Galega
martes, 13 de abril de 2010
viernes, 9 de abril de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Archivo del blog
-
►
2013
(21)
- ► septiembre (1)
-
►
2012
(32)
- ► septiembre (1)
-
►
2011
(28)
- ► septiembre (1)
-
►
2009
(57)
- ► septiembre (5)