lunes, 26 de abril de 2010

CRÓNICA 3º CONCURSO SOCIAL - CEBO













O pasado sábado día 24 de abril, celebróuse o 3º concurso social na modalidade de cebo, celebrado no Couto de Verdes (Río Anllóns) pola Sociedade de Pesca e Conservación dos Ríos - FARIO de A Laracha. Tras un día non moi apto para a pesca, xa que soplaba un frío vento do Norte que no é moi pescador, os pescadores na primeira manga, xa se queixaban das poucas capturas válidas obtidas. As 14:00 parada a comer na sede do Club (O'Estanco - Cabovilaño) o churrasco preparado por Suso Negreira e as 16:00 volta a pescar. Dende FARIO, agradecer a a colaboración de todolos participantes, que fixeron que non se rexistrase ningunha incidencia e todo transcurrise polos derroteiros habituais.

Os campeóns foron:

1º posto: Alberto Vicente



2º posto: José Manuel Fraga


3º posto: Miguel Angel Regueira



Este e o 3º concurso social no que Alberto Vicente se fai co primeiro posto, dende FARIO agradecerlle a sua paciencia e o seu bo facer aconsellando e ensinando aos que menos sabemos.





Suso Vilar - Presidente

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog