Pablo Cuadrado Prado ven de proclamarse o pasado domingo día 11 de xullo, campión do Campionato Provincial de Auga Doce, celebrado no encoro de Portodemouros. Este primeiro posto dalle o pase a participacion no Campionato Autonómico desta modalidade que se celebrará o 26 de setembro no mesmo escenario. O segundo clasificado tamén foi un conocido do noso clube, Kike Veiga Peón, un gran montador de peixes artificiais, ao que poidemos ver en acción nas III Xornadas de Montaxe que celebramos este ano.
E a segunda ocasión na que Pablo se clasifica nun provincial para participar nun autonómico, dende FARIO darlle a máis sinceira noraboa polo seu éxito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario