miércoles, 13 de julio de 2011

DESFEITA NO COUTO DA LARACHA


APARECEN CENTOS DE TROITAS MORTAS NO RÍO ANLLÓNS, NO COUTO DE PESCA DA LARACHA

A pasada fin de semana, detectouse un verquido superior ao habitual, no límite superior do couto de pesca da Laracha, procedente, presuntamente, da depuradora desta mesma localidade. Tras una primeira inspección visual, detectamos que un manto de cor gris – branquecino cubría o Río, e ainda que dada a época do ano na que nos atopamos o caudal do río e moi baixo, era imposible distinguir o fondo do cauce. O luns día 11 de xullo, tras una segunda inspección comenzaron a aparecer os primeiros cadáveres das troitas, flotando río abaixo. A sorpresa xurdíu, cando descubrimos que aquelo era tan só a punta do iceberg, xa que a maior parte das troitas mortas non se vían a simple vista e atopábanse, ou ben no fondo, ou pegadas as raíces das árbores da ribeira, e baixo os troncos caídos no río que facían de filtro. O servicio de gardas da Xunta de Galicia, foi o encargado de retirar os cadáveres, e tomar fotografías do que estaba acontecendo no tramo de Río comprendido entre a Ponte Formigueiro e o Muiño das Fervenzas na parroquia de Vilaño. Os gardas contabilizaron en varios centos os exemplares recuperados por eles, entre os que se atopaban exemplares dende os 5 cm. (a cría deste ano) ata os 40 cm. Durante, aproximadamente uns cincocentos metros augas abaixo da depuradora o río atópase, agora mesmo, completamente morto, xa que a cantidade de sedimento, procedente dos cotinuos verquidos, xenera unha grande cantidade de gases coma o metano, que aparte de deixar sin oxíxeno as augas, convirten o tramo afectado nun tramo sen vida, debido ao escaso caudal que leva o río neste tramo e nesta época do ano.

Dende a Sociedade de Pesca e Conservación dos Ríos – FARIO, e o noso deber e obriga, informar a tódolos socios tanto deste desastre, como da depuración de responsabilidades que se deriven da denuncia presentada pola gardería competente, e como mínimo, exixir que non se volva a repetir, xa que cando unha cousa e continuada como e o caso deste tipo de verquidos, non se trata dun “accidente” ou dun feito puntual. De pouco serve reducir o número de pescadores neste tramo, védalo durante una campaña como estivo, contar cun servicio de vixiancia privada,co custo que supón para una entidade coma a nosa, si nun par de días se aniquila a totalidade da vida nese mesmo tramo. ¿Cánto tempo levará recuperar o perdido? Porque o que está claro que mentras o cauce non se recupere, de ben pouco serve botar un cisternazo de troitas de dudosa procedencia nun tramo de río onde nin siquiera as rás poden vivir, e onde pasados uns días teremos que voltar a recoller os novos cadáveres que aparezcan flotando novamente.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog