O vindeiro día 29 de xaneiro (domingo), celebraremos o Concurso Social de Mar Costa dende pedra que estaba programado pra decembro e que non se puido levar a cabo polo mal estado do mar.
Todos os socios que queiran participar, deberán estar as 8:00 horas da mañán no Café Bar O'Estanco de Cabovilaño. O remate da proba será coa chegada dos participantes de novo a O'Estanco as 14:00 horas.
As normas a aplicar están a vosa disposición na sede do Clube.
Esta proba será valedeira pra elexir os participantes no Campionato que este ano vai a celebrar a Federación Galega de Pesca desta mesma modalidade.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada