domingo, 24 de marzo de 2013

CRÓNICA II CONCURSO SOCIAL PARRULO

Parece que foi Dios......

Todo consiste en organizar algún campionato pra que choiva e faga frío...... Isto é Galicia.
Ainda que non caeu saraiba (coma o ano pasado), facía un frííííoooo de carallo, e choveu a ratos, pero alí estiveron os paruulos da Laracha dándoo todo. A competición comezou as 9:00 da mañán e rematóu as 14:00 horas sen incidentes (desta vez nin pinchazos ni canas perdidas no fondo do encoro...).

A competición estivo moi reñida dende case o comezo da proba, xa que as troitas non estaban moito pola labor de atacar aos engados, pola baixa temperatura das augas. O priemiro en conseguir unha captura válida foi Tomás, e bastante despóis tocoulle a Isaac. Xa había dous parruleiros con capturas. O tempo apremia e o frío... tamén. Ao pouco tempo outros parruleiros súmanse a estes dous, Suso consegue a primeira e Lillo tamén. Xa está liada. Tomás aperta o acelerador e zas! Ahí estááááá..... outra boa troita pra a bañera do parrulo. Comezan os piques..... Tras varias plegarias.... Suso acada outras dúas pezas que o sitúan no primeiro posto.Tras algunha picada máis (sen captura) vai rematando a proba e os parrulos van indo cara o lugar de remate da proba. Pero faltaba a sorpresa. A escasos 10 metros da chegada, Isaac consegue enganar a outra pintona, acadando con Tomás o segundo posto.

As troitas, devolvéronse con vida ao rematar a xornada e de facer a clasificación que quedou do seguinte xeito:


1º Posto:   Suso Vilar
2º e 3º posto empate técnico entre Tomás Rodríguez e Isaac Rey

Gracias a tódolos participantes por unha xornada sen incidentes e en boa compaña.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog