VI PREMIOS TRUEIRO
Melide 2013
Os Premios do Xornal de Pesca Deportiva Trueiro
destacan e recoñecen o traballo de aquelas persoas, clubes, sociedades,
profesionais, entidades, firmas comerciais e organizacións que se teñan
distinguido ao logo do ano na defensa da pesca deportiva, na consolidación dos
valores sociais da mesma, en favor da pureza das augas continentais e na
dinamización da sociedade galega a través dunha actividade inherente á
evolución humana.
O sábado 16 de novembro, ás 8 da tarde, entregaranse
os VI Premios Trueiro no Salón de Actos do Edificio Multiusos de Melide.
O xurado dos VI Premios Trueiro, composto polo
Consello de Administración, Consello de Dirección, Consello de Redacción e
Consello Asesor do Xornal Trueiro, decidiron por unanimidade os Premios Trueiro
deste ano:
Premio Línea Tensa ao Profesor Alejo Carballeira Ocaña, Catedrático de Ecoloxía da USC e director do grupo ECOTOX.
Premio Donde Hay Que Estar a Javier Rois, Presidente do Centro de Iniciativas e Turismo de A Pontenova.
Premio Qué Pasa á Plataforma pola defensa do Sar.
Premio A Nosa á Armería Mago de Chantada.
Premio Trueiro-Doctor Moralejo a Julio Gigirey.

No acto, proxectarase a nova producción da factoría da
División Audiovisual de Trueiro, o documental “Pascal Cognard en Galicia”
producido durante a visita que o tricampión mundial realizou este ano para
participar no Campionato de Waldemar.
A Gala será presentada polo xornalista deportivo Terio
Carrera.
Posteriormente ao acto, ao que se asiste por rigurosa
invitación, servirase un cóctel.
Alberto
Torres.
Director
do Xornal Trueiro.
Tlno:
605 841 927
No hay comentarios:
Publicar un comentario