domingo, 7 de febrero de 2010

CRONICA DO CURSO "MONTAXE DE MOSCAS DE SALMÓN"

Na xornada deste sábado día 6 de febreiro, os Maestros foron Juan R. Castro, Miguel Seoane e David Arcay, que demostraron (a parte da súa valía como mestres), a súa paciencia para explicar punto por punto, dende como preparar a pluma ata o remate da mosca. A xornada transcorreu ata as 19:00 horas, pero ainda continuou a tertulia ata casi as 21:00. En fin máis pesca en seco, pero pesca ao fin e ao cabo.


Dende FARIO reiterarllelas gracias a estes tres "mostros" da nosa pesca, e a todolos asistentes a este encontro.

Na vindeira xornada o vindeiro sábado día 13 de febreiro, a partir das 16:30 horas, terá lugar a demostración de montaxe de moscas afogadas, por parte dos mellores maestros deste arte: Paco Castro e Tino Pazos, e por parte dos seus alumnos dos anteriores cursos de montaxe.

Por outra banda, tamén estarán os montadores de moscas secas, Luis Manuel Martínez, Juan Carlos Sánchez, Alberto Vicente cos alumnos dos cursos anteriores.

Tamén está previsto o curso de montaxe e reparación de canas de pesca, por parte de Suso Vilar e Jose "O Boludo" que intentarán reparar esas pequenas avarías que se producen nos nosos aparellos de pesca.








lunes, 1 de febrero de 2010

CRONICA 1º DIA XORNADAS DE MONTAXE FARIO - LARACHA




Hoxe sábado día 30 deron comenzo as III XORNADAS DE MONTAXE da S.P.C.R. FARIO de A Laracha, que segundo o programa establecido correspondeu a "Xornada de Montaxe de Moscas para vagos e con poucos cartos" que contou coa presencia de numerosos asistentes, de distintas partes de Galicia, por alí pasaron a xente das distintas sociedades de pesca: SALMO (A Coruña), SANTA COMBA, A VENATORIA DAS PONTES, VENATORIA DE BERGANTIÑOS, e outros moitos amigos, colaboradores e socios de Fario. A xornada comenzou as 10:30 da mañán coa primeira parada para comer sobre as 13:30. Despois do xantar no Hotel ABC, os participantes que así o desexaron puideron observar varias modalidades de lance con mosca nas inmediacións da Piscina Municipal de A Laracha, a cargo dos expertos mestres Manuel Iglesias e Roberto Caldeiro. Sobre as 16:30 comenzou a segunda parte da clase de montaxe, coa participación de máis montadores que se sumaron aos que xa estiveran na xornada da mañán, e na que ata os máis pequenos tiveron a oportunidade de montar as súas primeiras imitacións de moscas para a pesca.

Na vindeira xornada, que será o sábado día 6, terá lugar unha clase de montaxe de moscas para a pesca de salmón, cos mestres Juan M. Castro e Miguel Seoane, que farán as delicias dos pescadores máis exixentes. O horario nesta xornada será dende as 16:30 horas ata as 20:30, nun dos salóns do HOTEL - RESTAURANTE ABC na Laracha.

Archivo del blog