lunes, 1 de febrero de 2010

CRONICA 1º DIA XORNADAS DE MONTAXE FARIO - LARACHA




Hoxe sábado día 30 deron comenzo as III XORNADAS DE MONTAXE da S.P.C.R. FARIO de A Laracha, que segundo o programa establecido correspondeu a "Xornada de Montaxe de Moscas para vagos e con poucos cartos" que contou coa presencia de numerosos asistentes, de distintas partes de Galicia, por alí pasaron a xente das distintas sociedades de pesca: SALMO (A Coruña), SANTA COMBA, A VENATORIA DAS PONTES, VENATORIA DE BERGANTIÑOS, e outros moitos amigos, colaboradores e socios de Fario. A xornada comenzou as 10:30 da mañán coa primeira parada para comer sobre as 13:30. Despois do xantar no Hotel ABC, os participantes que así o desexaron puideron observar varias modalidades de lance con mosca nas inmediacións da Piscina Municipal de A Laracha, a cargo dos expertos mestres Manuel Iglesias e Roberto Caldeiro. Sobre as 16:30 comenzou a segunda parte da clase de montaxe, coa participación de máis montadores que se sumaron aos que xa estiveran na xornada da mañán, e na que ata os máis pequenos tiveron a oportunidade de montar as súas primeiras imitacións de moscas para a pesca.

Na vindeira xornada, que será o sábado día 6, terá lugar unha clase de montaxe de moscas para a pesca de salmón, cos mestres Juan M. Castro e Miguel Seoane, que farán as delicias dos pescadores máis exixentes. O horario nesta xornada será dende as 16:30 horas ata as 20:30, nun dos salóns do HOTEL - RESTAURANTE ABC na Laracha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog