A continuación comezaron o seu repertorio os montadores de mosca seca para cola de rata, Luisma Martínez e Alberto Vicente. Luisma coas súas moscas imposibles e diminutas e Alberto coa súa especialidade “as Ninfas”. Os pescadores asistentes foron acribillando a preguntas aos montadores e tomando boa nota dalgunhas “moscas infalibles” que a bon seguro lles depararán gratas sorpresas na tempada que comenza pronto.
Por último, Suso Vilar e Jose “O Boludo” se dedicaron a explicar varias formas e téncicas de montaxe de anillas nunha cana de pescar, así como a explicación dalgunha reparación en caso de rotura das mesmas.
En fin, arredor dunhas 50 persoas de media foron pasando polos distintos talleres de montaxe, nas catro horas que duróu a demostración.
Para o derradeiro día, o sábado día 20 de febreiro espérase unha importante cantidade de pescadores que se pasarán polo Hotel, xa que haberá unha minuciosa demostración doutro gran mestre da pesca “Quique Veiga Peón” especialista na fabricación de peixes artificiais para pesca, tanto de río como de mar, así como unha gran exposición de “Antiguidades da nosa pesca” na que tras unha longa e laboriosa recolleita, expoñeranse pezas únicas, tanto de canas, carretes, nasas e outros artiluxios que empregaban para a práctica de este deporte. Por último haberá unha demostración de cómo montar un “pato” (artiluxio flotante para a pesca en augas paradas) en cinco minutos.
Esta xornada dará comenzo sobre as 16:30 horas e prolongarase ata as 20:30
Gracias a todos pola vosa participación
No hay comentarios:
Publicar un comentario