domingo, 11 de octubre de 2009

CRONICA 3º CONCURSO SOCIAL SURF-CASTING

O pasado sábado día 10 de outubro celebrouse na praia de Baldaio, co patrocinio de RIOMAR (Carballo) e CAFÉ BAR O'ESTANCO (Cabovilaño - A Laracha) o 3º concurso social surf-casting da S.P.C.R. FARIO de A Laracha, clasificatorio de cara ao Campionato Provincial MAR-COSTA do ano 2010. Os 25 participantes atopábanse as 18:00, no punto de inicio da xornada de pesca. A marea comenzaba a subir e o mar movíase. Non tardaron en producirse as primeiras capturas, algúns rodaballos, platixas, sargos, douradas e algunha lubina foron saindo. Pero cando a marea levaba un par de horas de subida, o mar quedouse coma un prato, es as picadas cesaron. Ao final da xornada (as 23:30) os participantes recolleron os seus bártulos e presentáronse no lugar acordado para a pesaxe das capturas.

A clasificiación final quedou do seguinte xeito:


1º POSTO: José Ramón Lista


2º POSTO: Bernabé Pérez

3º POSTO: Pablo Cuadrado

4º POSTO: Manuel Ferreiro


Dende FARIO, agradecer, como sempre, a boa actuación dos pescadores, que repercutíu favorablemente no desenrolo da proba.




Suso Vilar - Presidente

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog