domingo, 22 de noviembre de 2009

III XORNADAS SOBRE A PESCA EN GALICIA


III Xornada sobre a Pesca en Galicia


O pasado domingo celebrouse no Club As Bridas as III Xornada sobre a Pesca en Galicia organizadas pola Federación Galega de pesca, baixo o título “RIOS PARA O FUTURO” Preto de douscentos pescadores federados e non federados déronse cita para seguir con enorme interese as distintas conferencias como quedou demostrado polas numerosas intervencións ao final de cada ponencia.

Encargouse de presentar o acto e moderar as intervencións un membro da Federación Galega de Pesca, Félix Rodil Álvarez, centrándose no contido das xornadas e no que os distintos poñentes puidesen aportar.

O primeiro conferenciante, Francisco Hervella Rodríguez, cunha ponencia titulada “Xestión á carta” despois de amosar a situación actual da pesca continental en Galicia, dando cifras detalladas dos ingresos que por todos os conceptos relacionados coa pesca percibe a Administración, así como a inversión que fai a mesma en obras de mellora e de persoal, sacando como conclusión que si temos en conta outros factores como o negocio que se move ao redor da mesma, con cifras estimativas de preto de 170 millos de euros, os recursos que tiña que por a Administración para conservar e mellorar os ríos debían de ser moi superiores.
A continuación centrou a súa intervención no papel relevante que fan as sociedades colaboradoras na mellora e conservación dos ríos, tomando como exemplo de bo facer a sociedade de Pesca Deportiva Santa Comba, da cal amosou con imaxes e estatísticas propias da sociedade o que considera unha “xestión á carta” , pois a sociedade con toda esa serie de datos pode tomar as súas propias decisións sobre a xestión do couto así como as medidas correctoras ou de mellora que estimen oportunas, considera que esta forma de traballar será o que contribúa á conservación e a pesca no futuro.

O seguinte foi Carlos Fernández Villafañe , ponente de Un futuro con troitas, que presentou parte do seu traballo como autor de documentais e que entusiasmou ao público coa beleza das imaxes presentadas. Curioso foi o fragmento do remonte de salmóns do Pacífico no encoro dun río de León (restos de introducións dos anos 60), pero quizais o que máis chamou a atención foi a preparación do niño, previa á freza, polas femias de troita e o combate e habilidade entre machos (de grande tamaño) para conseguir reproducirse.
Pablo Caballero Javierre expuxo polo miúdo o inxente labor que se levou a cabo nestes últimos anos a prol da recuperación do salmón atlántico na provincia de Pontevedra, os labores para a eliminación de obstáculos, e construcións para facilitar o remonte dos mesmos. Examinando o estado de dificultade de remonte nas diferentes bacías fluviais coas súas zonas de afluentes. Quizais, o máis clarificante foron os datos estatísticos - datos que non se poderían aportar sen a controvertida marcaxe - referentes á supervivencia de esguíns de piscifactoría e os de freza natural, sendo estes últimos a de maior éxito con moita diferenza.

Pechou a Xornada, Javier Álvarez Orzanco, que examinou polo miúdo a situación actual das poboacións de salmónidos en Navarra. Foron datos preocupantes: dous anos de veda e prácticamente non hai recuperación. A presión pesqueira (con tres troitas de cupo) apenas aliviou esta situación, tan só un 15 % de aumento. Preocupante tamén a escaseza de alevíns en proporción cos individuos adultos. As causas indefinibles e descoñecidas: tal vez a deforestación, a contaminación,… Esta situación dáse en ríos nos que tamén fixo estudos sobre poboacións de salmónidos, como os feitos en ríos de Albacete e Asturias.












sábado, 21 de noviembre de 2009

Aberto o prazo para a presentación de candidaturas a Xunta Directiva de FARIO-LARACHA

A partires do luns, 23 de novembro queda aberto o prazo para a presentación de candidaturas a Presidencia da Sociedade de Pesca e Conservación dos Ríos FARIO - LARACHA. Poderanse presentar todos aqueles socios que leven máis de un ano asociados. O resto de compoñentes da Xunta Directiva, serán designados polo novo presidente formando así o seu grupo de dirección.

As solicitudes deberanse entregar por escrito e firmadas no Café Bar O'Estanco de Cabovilaño, antes do 31 de Decembro do presente ano, co fin de facer os cambios administrativos oportunos.

Aparecen más de un centenar de aves muertas en las márgenes de la desembocadura del río Castro en Cee

La Voz de Galicia


Sábado 21 de noviembre del 2009
medio ambiente


Los vecinos de Lires (Cee) se encontraron ayer la desembocadura del río Castro salpicada de cadáveres de aves. En las dos márgenes del cauce, en su tramo final, aparecieron decenas de gaviotas y ejemplares de alguna otra especie, como grullas y cormoranes, que viven en el entorno durante el invierno.



Un vecino de la localidad fue quien avisó a la Policía Local. Los agentes se trasladaron hasta el lugar, en el que un marinero de Lires ya había empezado a juntar los cuerpos de los pájaros. Retiró de las márgenes del río cerca de 80, en su mayoría gaviotas. Desde la Policía Local de Lires explican que al menos una cantidad similar seguía todavía en la arena y entre las rocas de la orilla. Los agentes dieron aviso entonces al Seprona y a la Consellería de Medio Rural, que desplazó a tres operarios hasta Lires para recoger las aves.


Varios ejemplares fueron llevados al centro de recuperación de fauna de Oleiros, donde se practicarán las necropsias y los análisis necesarios para determinar la causa de la muerte.
Aunque los pájaros fueron encontrados ayer, todo apunta a que llevaban varios días muertos, por su avanzado estado de descomposición. La gran cantidad de cadáveres hace pensar que nada tuvo que ver la mortandad con los efectos de los últimos temporales, que también suelen causar bajas en la población de aves.

jueves, 12 de noviembre de 2009

ASAMBLEA XERAL 2009

O vindeiro venres día 27, celebraremos a Asamblea Xeral Ordinaria, co fin de que participen nela todos os Socios, coa seguinte orde do día:

- Estado da concesión do Couto de A Laracha

- Estado de Contas da Sociedade

- Programación de actividades de cara ao ano 2010

- Estipulación de cuotas para o ano 2010

- Presentación de candidaturas a Xunta Directiva para o ano 2010

- Rogos e Preguntas


A Xunta terá lugar no Café Bar O'Estanco de Cabovilaño, al 20:30 horas en primeira convocatoria e 21:00 en segunda convocatoria


Un Saúdo

Suso Vilar - Presidente

martes, 10 de noviembre de 2009

XORNADA MIGUELPESCA E PREMIOS TRUEIRO

Foro de Divulgación e Debate sobre aPesca Continental e o Medio Natural


Sábado 14 de novembro de 2009
Rois


Organiza: Grupo Miguelpesca

Colabora:
CONCELLO DE ROIS



Ponencias, relatores e horarios:


09:15 h.- Presentación Ramón Tojo, Alcalde de Rois
Joaquín España, Director Técnico

09:30 h.- “Trueiro, prensa libre” por Alberto Torres, Director do Xornal Trueiro

09:45 h.- “La Directiva Marco europea del Agua"
por María José Servia, Profesora da Universidade de A Coruña

10:00 h.- “Pesca e poder” por Eloi Saavedra, Presidente da Sociedade de Caza e Pesca Xuvia

10:15 h.- “A pesca e o seu entorno”
por Miguel Piñeiro, Escritor e Xornalista

10:30 h.- “Análisis de las posibles modificaciones en la biología de la ictiofauna continental, según las predicciones de los modelos de cambio climático” por Fernando Cobo, Profesor de Bioloxía da USC

10:45 h.- “A auga e Voz Natura”
por José A. Díaz Núñez, coordinador científico de Voz Natura

11:00 h.- Descanso

11:30 h.- Mesa redonda: “Ríos e Sociedades. Xestión da pesca”
Modera: Pepe Casal, ponente da Lei de Pesca e membro do Comité Galego de Pesca
Antonio Gestoso, Presidente do Club Londra de Rois
Miguel Seoane, Presidente do Club Salmo
Xavier Pazo, Presidente da Asociación Troiteiros do Furelos
Xosé Antonio Guerra, Secretario da Asociación de Pescadores da Ulloa
Xosé Luís Brandón, Secretario da Sociedade Río Mandeo

12:30 h.- Debate

13:30 h.- Ponencia de clausura:
“Ríos, territorio y conciencia”
por Juan José Moralejo, Escritor e Doutor da USC

13:45 h.- Clausura

martes, 3 de noviembre de 2009

CRONICA 2º CONCURSO SOCIAL MAR COSTA (PEDRA)



O pasado domingo día 1 de novembro, tivo lugar o II Concurso Social Mar-Costa dende pedra, da S.P.C.R. FARIO - LARACHA. A xornada transcurriu sen incidentes, sinalar que a medida que transcurría a mañán, a choiva fíxose máis persitente, facendo que algún dos participantes volvese ao Estanco antes da hora fixada (as 14:00 horas).


Ao final a clasificación queda do seguinte xeito:


1º MANUEL FERREIRO ALDAO



2º ADRIAN SOTO SANTOS



3º JOSÉ MANUEL RODRIGUEZ FERNÁNDEZ (ROFER)
De este concurso saen outros 2 clasificados de cara ao CAMPIONATO PROVINCIAL MAR-COSTA 2010, quedando a lista de convocados do seguinte xeito:
JOSE RAMON LISTA VAZQUEZ
MANUEL FERREIRO ALDAO
BERNABÉ PEREZ LAGO
PABLO CUADRADO PRADO
ADRIAN SOTO SANTOS
(SUP) JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ (ROFER)

Archivo del blog