domingo, 22 de noviembre de 2009

III XORNADAS SOBRE A PESCA EN GALICIA


III Xornada sobre a Pesca en Galicia


O pasado domingo celebrouse no Club As Bridas as III Xornada sobre a Pesca en Galicia organizadas pola Federación Galega de pesca, baixo o título “RIOS PARA O FUTURO” Preto de douscentos pescadores federados e non federados déronse cita para seguir con enorme interese as distintas conferencias como quedou demostrado polas numerosas intervencións ao final de cada ponencia.

Encargouse de presentar o acto e moderar as intervencións un membro da Federación Galega de Pesca, Félix Rodil Álvarez, centrándose no contido das xornadas e no que os distintos poñentes puidesen aportar.

O primeiro conferenciante, Francisco Hervella Rodríguez, cunha ponencia titulada “Xestión á carta” despois de amosar a situación actual da pesca continental en Galicia, dando cifras detalladas dos ingresos que por todos os conceptos relacionados coa pesca percibe a Administración, así como a inversión que fai a mesma en obras de mellora e de persoal, sacando como conclusión que si temos en conta outros factores como o negocio que se move ao redor da mesma, con cifras estimativas de preto de 170 millos de euros, os recursos que tiña que por a Administración para conservar e mellorar os ríos debían de ser moi superiores.
A continuación centrou a súa intervención no papel relevante que fan as sociedades colaboradoras na mellora e conservación dos ríos, tomando como exemplo de bo facer a sociedade de Pesca Deportiva Santa Comba, da cal amosou con imaxes e estatísticas propias da sociedade o que considera unha “xestión á carta” , pois a sociedade con toda esa serie de datos pode tomar as súas propias decisións sobre a xestión do couto así como as medidas correctoras ou de mellora que estimen oportunas, considera que esta forma de traballar será o que contribúa á conservación e a pesca no futuro.

O seguinte foi Carlos Fernández Villafañe , ponente de Un futuro con troitas, que presentou parte do seu traballo como autor de documentais e que entusiasmou ao público coa beleza das imaxes presentadas. Curioso foi o fragmento do remonte de salmóns do Pacífico no encoro dun río de León (restos de introducións dos anos 60), pero quizais o que máis chamou a atención foi a preparación do niño, previa á freza, polas femias de troita e o combate e habilidade entre machos (de grande tamaño) para conseguir reproducirse.
Pablo Caballero Javierre expuxo polo miúdo o inxente labor que se levou a cabo nestes últimos anos a prol da recuperación do salmón atlántico na provincia de Pontevedra, os labores para a eliminación de obstáculos, e construcións para facilitar o remonte dos mesmos. Examinando o estado de dificultade de remonte nas diferentes bacías fluviais coas súas zonas de afluentes. Quizais, o máis clarificante foron os datos estatísticos - datos que non se poderían aportar sen a controvertida marcaxe - referentes á supervivencia de esguíns de piscifactoría e os de freza natural, sendo estes últimos a de maior éxito con moita diferenza.

Pechou a Xornada, Javier Álvarez Orzanco, que examinou polo miúdo a situación actual das poboacións de salmónidos en Navarra. Foron datos preocupantes: dous anos de veda e prácticamente non hai recuperación. A presión pesqueira (con tres troitas de cupo) apenas aliviou esta situación, tan só un 15 % de aumento. Preocupante tamén a escaseza de alevíns en proporción cos individuos adultos. As causas indefinibles e descoñecidas: tal vez a deforestación, a contaminación,… Esta situación dáse en ríos nos que tamén fixo estudos sobre poboacións de salmónidos, como os feitos en ríos de Albacete e Asturias.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog