sábado, 21 de noviembre de 2009

Aberto o prazo para a presentación de candidaturas a Xunta Directiva de FARIO-LARACHA

A partires do luns, 23 de novembro queda aberto o prazo para a presentación de candidaturas a Presidencia da Sociedade de Pesca e Conservación dos Ríos FARIO - LARACHA. Poderanse presentar todos aqueles socios que leven máis de un ano asociados. O resto de compoñentes da Xunta Directiva, serán designados polo novo presidente formando así o seu grupo de dirección.

As solicitudes deberanse entregar por escrito e firmadas no Café Bar O'Estanco de Cabovilaño, antes do 31 de Decembro do presente ano, co fin de facer os cambios administrativos oportunos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog