viernes, 26 de febrero de 2010

A Laracha dispondrá el próximo año de un coto de pesca en el río Anllóns

La Voz

El tramo del río Anllóns situado entre el puente de O Formigueiro y Porto Pereiro, en A Laracha, acogerá a partir del próximo año un coto de pesca tradicional gracias a las gestiones realizadas por la asociación Fario en colaboración con el Concello.

El acuerdo se materializó ayer -aunque deberá superar aún varios trámites, como la aprobación por parte de la Xunta de un plan técnico de gestión- con la visita del jefe del Servizo de Conservación da Natureza, Carlos Muñoz Martínez, que se desplazó hasta el lugar elegido para poner en marcha la iniciativa en compañía del alcalde, José Manuel López Varela; el presidente de Fario, Suso Vilar, y varios miembros de la asociación.

El representante de la Consellería de Medio Rural acogió con agrado la propuesta y se comprometió a agilizar su tramitación, que incluye el preceptivo visto bueno de su departamento y la apertura de un período de alegaciones previo a la constitución legal del coto.

Vedado este año

El área incluida en el proyecto tiene una longitud total de 5.300 metros y será sometida a trabajos de limpieza y acondicionamiento, así como a actuaciones para mejorar sus recursos piscícolas. Así, para favorecer la regeneración de las especies que allí viven, se establecerá una veda durante la campaña de pesca de este ejercicio, con lo que las zonas de pesca prohibida en el Anllóns a su paso por A Laracha rozan los ocho kilómetros.

Tras la colocación de los carteles que señalizan ya el área en cuestión, el alcalde agradeció la labor desarrollada por Fario y el apoyo prestado por Muñoz.

miércoles, 24 de febrero de 2010

CRÓNICA III CURSO DE LANCE

O pasado fin de semana, 20 e 21 de febreiro, a S.P.C.R. FARIO de A Laracha, celebróu o 3º curso de lance a mosca, impartido por Manuel Iglesias Angulo, Director da Escola de Pesca "BAIXO MIÑO" e Instructor EFFA, de reconocido prestixio tanto a nivel nacional como internacional. O curso desenrolouse no pavillón do I.E.S. Agra de Leborís, cedido polo concello, xa que as inclemencias do tempo facían imposible podelo efectuar ao aire libre. como nas anteriores ocasións. Un total de 17 alumnos, poideron perfeccionar o seu lance e aprender tanto a esquivar obstáculos como as distintas situacións da presentación das moscas no río, diante das troitas.






domingo, 21 de febrero de 2010

CRÓNICA DO CURSO DE MONTAXE DE PEIXES ARTIFICIAIS

O sábado día 20 de febreiro, o gran monstruo Kike Veiga Peón, deleitounos cunha expectacular demostración do montaxe dun peixe artificial "PEIXIÑO", tras a preparación dun peixe, dende o seu comenzo ata o remate do mesmo, pasouse a proba na auga, onde os peixes fixeron as delicias dos espectadores, que viron como se movían na auga como verdadeiros peixes vivos.
Dende FARIO, darlle as gracias, tanto a todos aqueles que asistiron a demostración, como a este gran mestre Kike, que de seguro non vai a dar feito peixes, dada a súa grande efectividade para capturar tanto troitas, como robalizas.

miércoles, 17 de febrero de 2010

domingo, 14 de febrero de 2010

CRONICA 3º DÍA XORNADAS DE MONTAXE FARIO – LARACHA

A xornada do pasado sábado día 13 de febreiro, “Montaxe de moscas afogadas, secas e reparación de canas de pesca”, foi un éxito en canto a participación de pescadores que se pasaron polo HOTEL – RESTAURANTE ABC na Laracha. Os montadores de moscas afogadas Tino Pazos e Paco Castro, non se cansaron de responder a todo tipo de preguntas tanto sobre os míticos fíos empregados para a súa confección, como das plumas de cada mosca e época do ano para empregalas no río.

A continuación comezaron o seu repertorio os montadores de mosca seca para cola de rata, Luisma Martínez e Alberto Vicente. Luisma coas súas moscas imposibles e diminutas e Alberto coa súa especialidade “as Ninfas”. Os pescadores asistentes foron acribillando a preguntas aos montadores e tomando boa nota dalgunhas “moscas infalibles” que a bon seguro lles depararán gratas sorpresas na tempada que comenza pronto.

Por último, Suso Vilar e Jose “O Boludo” se dedicaron a explicar varias formas e téncicas de montaxe de anillas nunha cana de pescar, así como a explicación dalgunha reparación en caso de rotura das mesmas.

En fin, arredor dunhas 50 persoas de media foron pasando polos distintos talleres de montaxe, nas catro horas que duróu a demostración.

Para o derradeiro día, o sábado día 20 de febreiro espérase unha importante cantidade de pescadores que se pasarán polo Hotel, xa que haberá unha minuciosa demostración doutro gran mestre da pesca “Quique Veiga Peón” especialista na fabricación de peixes artificiais para pesca, tanto de río como de mar, así como unha gran exposición de “Antiguidades da nosa pesca” na que tras unha longa e laboriosa recolleita, expoñeranse pezas únicas, tanto de canas, carretes, nasas e outros artiluxios que empregaban para a práctica de este deporte. Por último haberá unha demostración de cómo montar un “pato” (artiluxio flotante para a pesca en augas paradas) en cinco minutos.

Esta xornada dará comenzo sobre as 16:30 horas e prolongarase ata as 20:30




Gracias a todos pola vosa participación


domingo, 7 de febrero de 2010

CRONICA DO CURSO "MONTAXE DE MOSCAS DE SALMÓN"

Na xornada deste sábado día 6 de febreiro, os Maestros foron Juan R. Castro, Miguel Seoane e David Arcay, que demostraron (a parte da súa valía como mestres), a súa paciencia para explicar punto por punto, dende como preparar a pluma ata o remate da mosca. A xornada transcorreu ata as 19:00 horas, pero ainda continuou a tertulia ata casi as 21:00. En fin máis pesca en seco, pero pesca ao fin e ao cabo.


Dende FARIO reiterarllelas gracias a estes tres "mostros" da nosa pesca, e a todolos asistentes a este encontro.

Na vindeira xornada o vindeiro sábado día 13 de febreiro, a partir das 16:30 horas, terá lugar a demostración de montaxe de moscas afogadas, por parte dos mellores maestros deste arte: Paco Castro e Tino Pazos, e por parte dos seus alumnos dos anteriores cursos de montaxe.

Por outra banda, tamén estarán os montadores de moscas secas, Luis Manuel Martínez, Juan Carlos Sánchez, Alberto Vicente cos alumnos dos cursos anteriores.

Tamén está previsto o curso de montaxe e reparación de canas de pesca, por parte de Suso Vilar e Jose "O Boludo" que intentarán reparar esas pequenas avarías que se producen nos nosos aparellos de pesca.








lunes, 1 de febrero de 2010

CRONICA 1º DIA XORNADAS DE MONTAXE FARIO - LARACHA




Hoxe sábado día 30 deron comenzo as III XORNADAS DE MONTAXE da S.P.C.R. FARIO de A Laracha, que segundo o programa establecido correspondeu a "Xornada de Montaxe de Moscas para vagos e con poucos cartos" que contou coa presencia de numerosos asistentes, de distintas partes de Galicia, por alí pasaron a xente das distintas sociedades de pesca: SALMO (A Coruña), SANTA COMBA, A VENATORIA DAS PONTES, VENATORIA DE BERGANTIÑOS, e outros moitos amigos, colaboradores e socios de Fario. A xornada comenzou as 10:30 da mañán coa primeira parada para comer sobre as 13:30. Despois do xantar no Hotel ABC, os participantes que así o desexaron puideron observar varias modalidades de lance con mosca nas inmediacións da Piscina Municipal de A Laracha, a cargo dos expertos mestres Manuel Iglesias e Roberto Caldeiro. Sobre as 16:30 comenzou a segunda parte da clase de montaxe, coa participación de máis montadores que se sumaron aos que xa estiveran na xornada da mañán, e na que ata os máis pequenos tiveron a oportunidade de montar as súas primeiras imitacións de moscas para a pesca.

Na vindeira xornada, que será o sábado día 6, terá lugar unha clase de montaxe de moscas para a pesca de salmón, cos mestres Juan M. Castro e Miguel Seoane, que farán as delicias dos pescadores máis exixentes. O horario nesta xornada será dende as 16:30 horas ata as 20:30, nun dos salóns do HOTEL - RESTAURANTE ABC na Laracha.

Archivo del blog