sábado, 30 de mayo de 2009

Campionato Provincial Salmónidos Mosca

CAMPIONATO PROVINCIAL SALMÓNIDOS MOSCA
COUTO DE ARANGA

7-XUÑO-2009



PROGRAMA


07:30 horas Concentración dos participantes no restaurante bar Platas
09:00 “ Inicio da 1ª manga
11:00 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
11:15 “ Inicio segunda fase
13:15 “ Fin da 1ª manga.
14:00 “ Concentración no restaurante San Lorenzo
16:00 “ Inicio da 2ª manga
18:00 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
18:15 “ Inicio segunda fase
20:15 “ Fin da competición
20:45 a 21.30 Entrega de plicas no restaurante bar Platas
Unha vez elaborada e verificada a clasificación, Clausura do campionato, e entrega de trofeos



Marcaranse postos individuais o día 6 pola tarde para o que solicito a colaboración voluntaria.
O reparto de postos será segundo corresponda polo nº de pescadores, levaranse cubertas as plicas e demais documentación, pois ao ser 13 clubs os inscritos con un total provisional de 47 pescadores, atrasaría moito o inicio da competición se o facemos ese mesmo día.
As bases serán as da Federación Española de Pesca, coa diferencia de que se aplicará a manga compensatoria solicitada polo colectivo de pescadores e aprobada na última asemblea da Federación Galega.
Ao ter que entregar os permisos de pesca, prégase que non se fagan cambios de última hora, e que cada club se asegure de que veñan tódolos pescadores inscritos ou ben manden suplentes; de non facelo así, obrigaría á modificación das plicas, resultando laborioso e difícil.


Os convocados por FARIO son:

Suso Vilar Becerra
Luis Manuel Martínez Iglesias
Juan Carlos Sánchez Lista
Rubén Barreira Lago
Alvaro Martínez Grela

Martín Rodríguez Cambón



Sorte e a demostrarlle a algún que na Laracha tamén sabemos pescar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog