O pasado domingo día 3 de maio celebrouse o II concurso Social Lance no Couto de Baio (Río Grande). Odía comenzaba ben, un bo almorzo no Estanco e parecía que ía vir un día de sol. Pero ao pouco tempo empezouse a levantar un forte nordeste que facía temer aos máis optimistas.
Así foi, ao chegar a hora da comida, solo se pescara unha troita da medida...
Os pescadores agardaron ata o sereno, pero nin con esas. Así e todo a clasificación quedou da seguinte maneira:
3º posto: Alvaro Martínez Grela
2º posto: Tino Pazos (O Maestro)
1º posto: José Bernabé Pérez Lago
Destacar que este encontro e clasificatorio para o Provincial Salmónidos Lance do ano 2010 e os 5 pescadores clasificados son:
1º José Bernabé Pérez Lago
2º Alvaro Martínez Grela
3º Francisco Suárez Prieto
4º Adrián Pallas Cruz
5º Adrián Soto Santos
Suplente: Francisco Castro Brandón
No hay comentarios:
Publicar un comentario