A continuación faremos un pequeno resume do desenrolo do concurso de pesca correspondente á presente edición.
Se ben as circunstancias meteorolóxicas xerais do fin de semana (tempo borrascoso con ventos suaves de compoñente sur e con abondosas precipitacións) facían deste día a ocasión ideal para a pesca no Xuvia, en tanto que as augas ían tomadas e cunha apreciable subida de nivel, finalmente o Xuvia fixo outra das súas, e facendo honra á súa fama de capotero deixou quedar mal ós 27 pescantíns que participaban nesta proba.
As capturas foron polo tanto moi escasas, polo menos en nº presentado de pezas de talla legal (9), ainda que algún pescador asegurou ter capturado un nº importante de pezas de tamaño inferior ó legal (21 cm. neste couto)
A clasificación quedou como sigue:
PARTICIPANTE PUNTUACION
SANCHEZ MARTINEZ, CARLOS ALBERTO 1579.97
SANJUAN REGUEIRO, ANDRES 1184.95

PEÑA BLANCO JOSE MANUEL 342.61
PEZA MAIOR
SANCHEZ MARTINEZ, CARLOS ALBERTO
Non foi unha xornada de pesca para presumir, pero acadaronse os obxectivos do concurso, que eran o desenvolvemento dunha xornada de convivencia entre os socios e as suas familias, así como facer unha homaxe a tódolo participantes nos traballos de limpeza do río tra-los efectos do ciclón Klaus.
Por outro lado, ainda que non se cobraron pezas en número importante, hai que destacar que os que vivimos o río todo o ano, sabemos o que garda e en que condicións está o seu ecosistema, e isto danso esperanza para próximas xornadas de pesca xa fora de concurso.
Outras ocasións haberá de que este cauce pequeno , pero gande en categoría amose que é no mundo da pesca en Galiza. Esta próxima ocasión virá da man do próximo concurso programado, que será o Concurso Cidade de Narón de pesca a Mosca, a celebrar o 4 de Xullo próximo, e no que a única modalidade permitida será a mosca e será organizado na modalidade sen morte, con volta rigurosa de tódalas capturas á auga.
Mais tarde , o día 5 de Setembro tamén acollerán as súas augas o Master de Campión Miguelpesca, onde se batirán os campións dos distintos certames de mosca celebrados no país (Waldemar, Santiaguiño do Monte e Cibeira) ademais dos gañadores do Cidade de Narón
Destacar tamén ás boas condicións nas que se atopa o río para o exercicio da pesca, en canto a limpeza de marxes, logo dos traballosrealizados polo equipo da Consellería de Medioambiente logo do ciclón Klaus Estes traballos tiveron continuidade no mes de Abril cun aplomado de arborado na zona do cauce baixo do río e retirada de varios troncos somerxidos na zona por abaixo da Presa do Rei. Estes traballo estaban autorizados polo Servicio de Medioambiente e por Augas de Galicia.
Queremos sobre todo destacar o papel xogado polo Servizo de Medioambiente en torno á limpeza das zonas arrasadas polo ciclón Klaus, especialmente ó bó facer da gardería perosoalizada no Sr Hermida, que deixou a súa saude e empeño persoal nestes traballos. A nosa noraboa faise extensiva non obstante a todos cantos participaron nos traballos e así o queixemos expresar dándolles un pequeno recoñecemento ó longo do xantar de confraternidade ó que tamen asistiron
Polo demais lamentar que determinados focos e contaminación presentes no tramo de San Sadurniño continúen activos, sin que ningunha autoridade competente tome cartas no asunto.
Por último dar grazas ó Concello de Narón, representado pola súa concelleira de Deportes, Natalia Hermida por todo o apoio prestado na organización deste evento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario