domingo, 14 de junio de 2009

1º CAMPIONATO SOCIAL MOSCA (SEN MORTE)

O vindeiro domingo día 28, terá lugar o 1º Campionato de pesca a mosca (cola de rata) sen morte. O escenario previsto para o evento e o Couto de Verdes (Río Anllóns). Os participantes deberán apuntarse chamando ao teléfono da Sociedade ou no Café Bar O'Estanco de Cabovilaño - A Laracha.

Como o número de permisos e limitado (20), e importante apuntarse canto antes para tratar de ir organizando todo. De todolos xeitos, o venres día 26, celebraremos unha reunión no local as 20:30 horas, co fin de entregar aos pescadores a documentación para participar no concurso.


Un saúdo

Suso Vilar - Presidente

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog