jueves, 20 de diciembre de 2012

"Adeus ríos, adeus fontes..."

A mina de ouro de Corocoesto podería comezar a explotarse o próximo ano

É o primeiro proxecto estratéxico que se fai ao abeiro da Lei de política de industrial. Adiantouno o presidente da Xunta tras o consello, Alberto Núñez Feijóo que agarda que sexa un pulo para economía dos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco.
A Lei de política industrial permite reducir os prazos administrativos que teñen que cumprir as empresas cando se trata de proxectos estratéxicos para Galicia.
Neste caso, a Xunta prevé que os prazos se reduzan ata 18 meses polo que o xacemento de ouro a ceo aberto podería ser unha realidade o próximo ano.
Será unha empresa canadense a encargada de explotar a mina. O goberno galego calcula que se fará un investimento duns 100 millóns de euros e que se crearán uns 1.400 postos de traballo.
A empresa terá a explotación da mina de Corocoesto durante un período máximo de 13 anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog